Nomo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Este artigo trata das divisións administrativas do Antigo Exipto. Para os seres fantásticos véxase gnomo.
Un nomo (νομοι, "distrito" en grego) era unha división administrativa no Antigo Exipto. Estas comunidades organizadas e independentes apareceron no período Prédinástico (arredor do século XXXII a.C.), agrupáronse en dous reinos (o do Norte e o do Sul) e por volta de 3.200 a.C. foron todos unificados nun só reino pelo faraón Menes. Os nomos tiñan unha capital, un emblema propio, un número, e estaban gobernadas por un nomarca, que actuaba en nome do faraón. No período greco-latino (a partir do século IV) convertíronse en rexións administrativas. O termo demótico era sepat pero, como en case todo o referente ao Antigo Exipto, é a expresión grega a que se transmitiu a Occidente.
O número de nomos e a súa numeración variou moi pouco, entre 38 e 42, durante os tres milenios que durou esta civilización. Algúns, como Xois, no delta do Nilo, ou Khent, no Alto Exipto xa aparecen na Pedra de Palermo, que data da V dinastía. Outros menciónase máis tarde, como Bubastis, no Imperio Novo. A numeración iníciase de sul a norte, xa que para os antigos exipcios todo comezaba no sul. Os 22 nomos do Alto Exipto fixáronxe na V dinastía (están gravados no quiosque de Senwosret I en Carnac). O número definitivo de vinte nomos do Baixo Exipto non foi fixado até o Período grecorromano. El Fayum e os oasis non facían parte do esquema.
O número total de 42 nomos tiña un valor simbólico, xa que este era no número dos xuíces dos mortos. Un escritor cristián do século II, Clemente de Alexandría aseguraba que os exipcios tiñan 42 libros sabrados.
Índice |
[editar] O nomarca
Durante a primeira parte do Imperio Antigo a administración provincial estaba a cargo de diferentes funcionarios do goberno central, que en ocasións eran enterrados no cemiterio real e participaban na construción das pirámides. Durante as dinastías V e VI apareceron no Alto Exipto os nomarcas, que compaxinaban a súa función de gobernadores coa de "gran sacerdote". O seu posto foi en ocasións hereditario e noutras foi designado polo faraón. Se o goberno central era forte, os nomarcas actuaban como gobernadores do rei e se era febre convertíanse case en reinos nos que os nomarcas instauraban casas dinásticas e se enfrentaban entre si até que un deles se establecía como faraón de todo o Exipto.
En realidade, os exipcios nunca usaron o título "nomarca", que é unha denominación grega. Desde o Imperio Medio a dignidade coñecíase como combinación de "gran sacerdote" e "gobernador da cidade". Só en Beni Hasan non contaban coa componente relixiosa.
[editar] Evolución
Os nomos sobreviviron o período greco-latino. En época romana, chegaron a acuñar moeda e mantiveron o seu papel de unidades administrativas até os tempos de Diocleciano e Constantino. A partir de 307 foron substituídos por unidades de menor tamaño chamadas pagi, nos que o control pasou ás mans dos pagarcas. Estes tiñan como función principal ao principio a recadación de impostos, mais logo asumiron tamén un papel militar.
[editar] Lista de nomos
O Baixo Exipto, que se extende polo delta do Nilo desde Menfis, a capital do Imperio Antigo desde o Imperio Antigo, até o mar Mediterráneo, contaba con 20 nomos. O primeiro era, precisamente o que incluía Menfis, Saqqara e Giza, na rexión actual do Cairo, e logo continuaban numerados polo oeste e finalmente polo leste. Así, Alexandría era o terceiro nomo e Bubastis o número dezaoito.
O Alto Exipto, que vai desde a Primeira Catarata cara o norte polo val do Nilo, dividíase en 22 nomos. O primeiro era o de Elefantina, fronteira tradicional coa Nubia no que hoxe en día é Asuán. Waset (a Tebas antiga e Luxor contemporáneo) estaba no cuarto nomo, Amarna no número catorce e Meidum no vixésimo-primeiro.
[editar] Baixo Exipto
Número | Nome exipcio | Capital | Capital actual | Tradución do nome |
---|---|---|---|---|
1 | Aneb-Hetch | Menfis | Mit Rahim | Muro branco |
2 | Khensu | Letopolis | Ausim | Muslo de vaca |
3 | Ament | Apis | Kom el-Hisn | Oeste |
4 | Sapi-Res | Ptkheka | Tanta | Escudo do Sul |
5 | Sap-Meh | Sais | Sa el-Hagar | Escudo do Norte |
6 | Khaset | Xois | Sakha | Touro da montaña |
7 | A-ment | Metelis | Damanhur | Arpón do Oeste |
8 | A-bt | Heroonpolis | Tell al-Maskhuta | Arpón do Leste |
9 | Ati | Busiris | Abu Sir Bara | Andjeti |
10 | Ka-khem | Athribis | Tell Atrib | Touro negro |
11 | Ka-heseb | Leontopolis | Tell al-Urydam | Touro de Heseb |
12 | Theb-ka | Sebennytos | Samanud | Becerra e vaca |
13 | Heq-At | Heliópolis | Materiya (suburbio de Cairo) | Cetro próspero |
14 | Khent-abt | Tanis (Sile) | San el-Hagar | Oriental |
15 | Tehut | Hermopolis parva | Baqliya | Ibis |
16 | Kha | Mendes | Tell al-Rubˁ | Peixe |
17 | Semabehdet | Diospolis parva | Tell Balamun | O trono |
18 | Am-Khent | Bubastis | Tell Bastah (near Zagazig) | Príncipe do Sul |
19 | Am-Pehu | Leontopolis (Tanis) | Nebesha or San | Príncipe do Norte |
20 | Sopdu | Arabia | Saft al-Henna | Falcón con plumas |
[editar] Alto Exipto
Número | Nome exipcio | Capital | Capital actual | Tradución do nome |
---|---|---|---|---|
1 | Ta-Seti | Elefantina | Asuán | Terra do arco |
2 | Thes-Hor | Apollonopolis magna | Edfu | trono de Horus |
3 | Ten | Nekhen | al-Kab | Santuario |
4 | Waset | Tebas | Karnak | Cetro |
5 | Herui | Coptos | Qift | Os dous falcóns |
6 | Aa-ta | Tentyra | Dendera | O crocodilo |
7 | Seshesh | Diospolis parva | Hu | Sistro |
8 | Abdju | Abidos | al-Birba | Terra grande |
9 | Min | Panopolis | Akhmim | Min |
10 | Wadkhet | Aphroditopolis | Ifteh | Cobra |
11 | Set | Hypselis | Shutb | A criatura asociada co deus Set |
12 | Tu-ph | Antaeopolis | Qaw al-Kebir | Víbora da montaña |
13 | Atef-Khent | Lycopolis | Asyut | Sicomoro do Baixo e Víbora |
14 | Atef-Pehu | Cusae | al-Qusiya | Sicomoro do Alto e Víbora |
15 | Un | Hermopolis magna | al-Ashmunayn | Lebre |
16 | Meh-Mahetch | Theodosiopolis | Beni Hassan | Orix |
17 | Anpu | Cynopolis | al-Kais | Anubis |
18 | Sep | Alabastronopolis | Kom al-Ahmar | Set |
19 | Uab | Oxyrhynchus | al-Bahnasa | Dous Cetros |
20 | Atef-Khent | Herakleopolis Magna | Ihnasiyyah al-Madinah | Sicamoro do Sul |
21 | Atef-Pehu | Crocodilopolis/Arsinoe | Madinat al-Fayyum | Sicamoro do Norte |
22 | Maten | Aphroditopolis | Atfih | Coitelo |