Diocleciano
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Caius Aurelius Diocles Diocletianus (Dalmacia 245-313) foi un emperador romano, un dos augustos da Primeira Tetrarquía. Rematou coa Crise do Século III (235-284) establecendo un goberno autocrático que sentou os alicerces da segunda fase do Imperio Romano, coñecida como Dominado (frente ao Principado anterior). As reformas de Diocleciano contribuíron para garantir que o imperio perdurase durante varios séculos.
De baixo nível social, Diocles subiu os escalóns da carreira militar e distinguiuse baixo os emperadores Probo e Aureliano até ser nomeado cónsul. Acusado do asasinato de Numeriano en setembro de 284 xunto co prefecto do pretorio Arruis Aper, matou a este en público e logo de vencer a Carino en Moesia, tornouse o novo imperador (284). Realizou reformas profundas a fin de salvar o imperio da derrocada iminente. Diocleciano tiña tres obxetivos: fortalecer seu poder, reformar os métodos de goberno e rexenerar o exército. Para iso promoveu reformas na administración e no recrutamento militar (dobrando o número de lexións), pasou a usar mercenarios bárbaros e transformou os servizos do exército nas fronteiras en hereditarios. Nese último caso, os soldados non pasaban de servos do Estado, obrigados a loitar a cambio dunha paga fixa e do dereito de ocupar a terra.
O poder autocrático era incompetente para governar e defender o inmenso imperio e varias provincias tentaban se libertar e vivir baixo o goberno de imperadores proprios. Dada a complexidade dos problemas políticos e administrativos derivados da vastitude do Imperio Romano, ben como a necesidade dun sistema organizado para a sucesión dos imperadores, xulgou Diocleciano que a forma de resolver esas cuestións sería dividir de feito (xurídicamente continuaba sendo un) o Imperio Romano en pars Orientis e pars Occidentis. O control da rexión occidental (pars Occidentis) foi transferido para Maximiliano, un xeneral da súa confianza. Reservando a rexión oriental (pars Orientis) para si, Diocleciano non dividiu propriamente o poder co seu compañeiro de armas Maximiliano, pois, na realidade, Diocleciano estaba colocado en posición superior á de Maximiliano. A partir de ahí, o Imperio pasou a ter dos Augustos (augustus), cada cal con exército, administración e capital proprios, aínda que Diocleciano continuase a ser o xefe do Estado, representando a unidade do mundo romano. Ese sistema ficou coñecido como diarquía.
Posteriormente, o Imperio foi dividido en 101 provincias, agrupadas en doce dioceses reunidas en catro prefeituras. Apartir de entón pasaron a existir catro imperadores, dous deles co título de Augusto e dous co título de César (caesar). Eses eran xefes militares capaces de governar e protexer o imperio, adotados como fillos polos Augustos, a quen sucederían en caso de morte, incapacidade provocada pola vellice ou decorridos vinte anos dos seus gobernos. Os césares, lugar-tenente dos Augustos, tamén posuían capital, exército e administración proprios. A esa organización dáse o nome de tetrarquía, pois hai dos Augustos e dous césares.
Diocleciano instaurou o Dominato, ou sexa, unha monarquía despótica e militar, de tipo helenístico. Baixo a influencia de ideas orientais, o Princeps converteuse en Dominus, isto é, en amo ou governante absoluto á frente dunha grande burocracia. O imperador tornábase "señor e deus" e todos que eran admitidos na súa presenza eran obrigados a axoellarse e beixar a ponta do manto real. Extingüiuse, con iso, o principado: os civis habían sido derrotados polos militares. Paradoxalmente, a reforma de Diocleciano, continuada polos seus sucesores, ao mesmo tempo que garantiu a estabilidade do Imperio por máis dous séculos, acentuou aínda máis a crise estrutural do Imperio Romano.
Ao aumentar a máquina administrativa e militar do Estado, que consumia recursos imensos, aumentaba, consecuentemente, a espoliación dos súditos a través da cobranza de altos impostos. Unha das formas atopadas polas masas populares para fuxir dos pagamentos dos tributos era a mudanza de domicilio e ocupación. A xeneralización dese proceso levou ao autocrata Diocleciano a procurar "fixar" os agricultores, colonos ou arrendatarios sobre as terras que cultivaban, prohibindoos de abandonálas. Con esa violenta supresión da liberdade individual, o home libre da época se transformou en servo do Estado. Surxía a servidume. Os ideais greco-romanos dunha comunidade de cidadáns libres desapareceran. Determinou, aínda, que os traballadores urbanos deberían permanecer nas súas profisións, sen o dereito de abandonálas, debendo transmitilas aos descendentes, en carácter obrigatorio. Instituíase, dese modo, un sistema de castas ata entón descoñecido en Roma, co nítido obxetivo de manter estacionaria e inmobilizada a estrutura económica do Imperio. Os cidadáns transformaranse en súditos dun déspota, servindo aos intereses do Estado. Criou tamén, empresas estatais monopolistas, obxetivando a compra de materias-primas para garantir o aprovisionamento das forzas-armadas. Con Diocleciano, o dirixismo estatal alcanzou seu ponto máis elevado.
Diocleciano procurou conter a alta dos prezos e salarios co Edicto Máximo (301). O "conxelamento" da economía acabou fracasando.
Diocleciano reabilitou as vellas tradicións, incentivando o culto dos deuses antigos. Emprendeu a que é coñecida por alguns historiadores eclesiásticos como a penúltima grande persegución emprendida polo Imperio Romano contra o Cristianismo. Impós o uso do Latín nas provincias do Oriente. Prestixiou as leis romanas.
No 305, conforme establecera, Diocleciano abdicou.
Imperio Romano | ||
---|---|---|
Segue a: Carino |
Diocleciano (285-305) |
Precede a: Segunda Tetrarquía |
Primeira Tetrarquía |