Núcleo celular
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Na bioloxía celular, o núcleo (do latín nucleus ou nuculeus) atópase en tódalas células eucarióticas e contén a maioría do material xenético. O núcleo ten dúas funcións primarias: controla as reaccións químicas no citoplasma e garda a información precisada para a división celular.
A parte de conter o xenoma da célula, o núcleo contén certas proteínas que regulan a expresión dos xenes. A expresión xenética ao nivel nuclear envolve complexos procesos de transcripción, o procesamento do pre mRNA e o exporte do mesmo cara o citoplasma.
O núcleo pode variar no seu diámetro dende 11 ata 22,25 micrómetros. Está rodeado por unha dobre membrana chamada membrana nuclear. A membrana exterior e a interior fúndense nuns determinados intervalos, formando poros nucleares. A membrana nuclear regula e facilita o transporte entre o núcleo e o citoplasma, e tamén separando as reaccións químicas producidas no citoplasma das do núcleo. A membrana exterior está asociada co retículo endoplasmático e ás veces pode conter ribosomas. O espacio entre a dúas membranas poder seguir co retículo endoplasmático. A cara do núcleo está rodeada duns filamentos que forman a lámina nuclear.