Mundodisco
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Mundodisco (Discworld) é unha creación do escritor Terry Pratchett. Consiste nun disco plano (rodeado por unha fervenza que flúe sen parar) que atravesa o espazo, ó lombo de catro elefantes, que á súa vez, viaxan sobre a coiraza dunha tartaruga chamada Gran A'Tuin. Está recollido da mitoloxía india, cun esquema do universo semellante.
Este é un emprazamento imaxinario que aparece na maioría dos seus libros, e moi especialmente nas súas novelas pertencentes á saga do mesmo nome, entre as que atopamos:
1983 - A cor da Maxia (The Colour of Magic)
1986 - A Luz fantástica (The Light Fantastic)
1987 - Ritos Iguais (Equal rites); Mort.
1988 - Rechiceiro (Sourcery); Bruxerías (Wyrd sisters)
1989 - Pirómides (Pyromids); Gardas! Gardas! (Guards! Guards!)
1990 - Eric; Imaxes en acción (Moving Pictures)
1991 - O segador (Reaper Man); Meigas de viaxe(Witches Abroad)
1992 - Deuses menores (Small Gods); Lores e damas (Lords & Ladies)
...
1998 - O país da fin do mundo (The Last Continent)
Unha das últimas novelas de Pratchett, Strata, tamén se caracteriza por un mundo con forma de disco, pero algo diferente.