Media harmónica
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A media harmónica , representada por H, dunha cantidade finita de números é igual ao recíproco, ou inverso, da media aritmética dos recíprocos de ditos números.
Así, dados os números a1,a2, ... , an, a media harmónica será igual a:
A media harmónica resulta pouco influida pola existencia de determinados valores moito máis grandes que o conxunto dos outros, sendo en cambio sensible a valores moito máis pequeños que o conxunto.
A media harmónica non está definida no caso da existencia no conxunto de valores nulos.
Outras medias estatísticas son a media xeométrica, a media aritmética e a media ponderada.