Maximino Daia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Caius Galerius Valerius Maximinus (Iliria, arredor do 270 - Tarso, agosto de 313) foi un emperador romano.
Maximino Daia era fillo dunha irmá do emperador Galerio, quen o adoptou. O seu nomeamento coma césar tivo lugar despois da abdicación de Diocleciano no 305, encarregándose das provincias de Siria e as provincias orientais. Os acontecementos de occidente, coa Conferencia de Carnutum, onde saíu Licinio elexido coma Augustus, non ian a resolver a situación, pero Maximino Daia non trocou a sua política nen a sua lealtade a Galerio. No ano 310, estando xa Galerio moi enfermo, declarouse augustus, pero nada trocou até a morte do seu tío no 311.
No 312, Maxencio, que usurpara o trono en Italia, fíxose o seu aliado, xa que estaba enemizado con Constantino. Pero este era aliado de Licinio, o que convertiu a Maximino Daia no seu enimigo.
Maxencio foi derrotado e Constantino quedou coma augustus da parte occidental do Imperio. O acordo ao que chegaran Maximino Daia e Licinio polo reparto das terras quedou rachado e o enfrontamento de ambos os dous era claro. Con motivo dunha xuntanza en Milán no 313 entre Licinio e Constantino o grande Maximino viu a oportunidade para atacar a Licinio. Pero este, cun pequeno pero organizado exército, venceu na batalla de Campus Ergenus, e Maximino fuxiu disfrazado de escravo.
Chegou a Nicomedia e tratou de fortificar as portas de Cilicia, pero non aguantou a presión de Licinio, quen o perseguíu até Tarso, onde o venceu e lleu da morte en agosto do 313
Toda a súa familia foi condenada a morte e executada. A súa esposa foi tirada viva ao río Orontes, ao igual que outras moitas mulleres cristiás que fixera tirar Maximino Daia.