Marian Anderson
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Marian Anderson (Filadelfia 1897 - Portland, Oregón 1993) contralto afroamericana.
Comezou a cantar no coro xuvenil da súa igrexa aos seis anos, quixo ingresar nunha escola de música onde todos os alumnos eran brancos en 1921, pero foi rexeitada, polo que tivo que continuar os seus estudos musicais cun profesor privado.
Debutou coa Filharmónica de Nova York o 26 de agosto de 1925 con éxito de crítica e público. En 1928 cantou pola primeira vez no Carnegie Hall, a comezo dos anos trinta fixo unha xira triunfal por Europa.
En 1955 converteuse na primeira afroamericana en actuar na New York Metropolitan Opera, nesa ocasión cantou a parte de Ulrica de Un ballo in maschera de Giuseppe Verdi.
En 1958 foi oficialmente designada delegada diante a ONU. Retirouse en 1965. En 1991 recibiu un Premio Grammy honorífico como recoñecemento á súa carreira.