María de los Ángeles Alvariño
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
María de los Ángeles Alvariño González. Oceanografía. 1916 Ferrol – 2005 La Jolla, California Manifestou cedo a súa intelixencia. Tras estudar en Santiago e Madrid, comezou a investigar en Vigo, no Instituto Español de Oceanografía, especializándose en zooplancton. No 1956 pasou a investigar no Instituto Oceanográfico Woods Hole en Massachusetts e logo no Instituto Scripps de Oceanografía, en La Jolla, California e no Servicio Nacional (norteamericano) de Pesca Marítima. Foi a primeira muller en actuar como científica nun barco de investigación británico. Descubriu 22 especies de organismos mariños.
O quetognato Aidanosagitta alvarinoae e a hidromedusa Lizzia alvarinoae levan o seu nome. Foi posta como exemplo de muller científica no Women Tech World.