Manuel II Paleólogo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Manuel II Paleólogo (1350 - 21 de xullo de 1425) foi emperador bizantino de 1391 a 1425 e fillo do emperador Xoán V Paleólogo. Con Helena Dragas, filla dun príncipe serbio, tivo sete fillos: Miguel (morto en 1406), Xoán, Teodoro, Andrónico, Constantino, Demetrio e Tomé.
Cando morreu o seu pai, el era refén na corte otomá de Baiaceto I en Prussa (a actual Bursa), pero deu escapado. A continuación foi asediado en Constantinopla polo sultán, cuxa vitoria sobre os bizantinos na batalla de Nicópolis (25 de setembro de 1396) non lle permitiu, con todo, tomar a capital.
Manuel decidiu entón viaxar a Occidente persoalmente en busca de axuda, e con este fin visitou Italia, Francia, Alemaña e Inglaterra, sen éxito real. A vitoria de Tamerlán sobre os turcos na batalla de Ankara en 1402, e a morte de Baiaceto en 1403 permitíronlle un respiro ante a constante presión otomá. Mantivo boas relacións con Mehmed I, pero volveu ser asediado no seu capital por Murad II en 1422. Pouco antes da súa morte, viuse obrigado a asinar un acordo polo cal o Imperio bizantino comprometíase a pagar tributo ao sultán.
Manuel escribiu moitas obras de distinto tipo: teolóxicas, retóricas, poéticas, así como dunha colección de epístolas.
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Xoán VII Paleólogo |
Manuel II Paleólogo (1391-1425) |
Precede a: Xoán VIII Paleólogo |
Dinastía Paleólogo |