Manteiga de cacahuete
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A manteiga de cacahuete é un alimento feito con cacahuetes torrados e moídos, polo xeral sálganse e por veces engádeselle zucre.
É moi popular nos Estados Unidos, Reino Unido, Canadá, Australia, Nova Celandia, Sudáfrica e os Países Baixos, en xeral úsase para facer sándwichs, lambetadas, galletas, pasteis. Ten un alto contido en proteínas e é moi popular entre os nenos.