Manifesto Comunista
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Manifesto do Partido Comunista é unha proclama encargada pola Liga dos Comunistas a Karl Marx e Friedrich Engels en 1847 e publicado o 21 de febreiro de 1848. É considerado un dos tratados políticos máis influintes da historia; o texto describe dunha forma explícita os principios da teoría marxista do materialismo dialéctico e anuncia os propósitos e o programa da Liga. Suxire un curso de acción para unha revolución proletaria que derrocaría o capitalismo e instauraría unha sociedade sen clases.
Famosas son xa as frases cás que comeza e finaliza o manifesto:
- Unha pantasma percorre Europa, a pantasma do comunismo, e
- ¡Proletarios do mundo, xuntádevos!
[editar] Ligazóns externas
- Manifesto Comunista (en castelán)