Ludwig Mies van der Rohe
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O arquiteto alemán Ludwig Mies van der Rohe (1886-1969) é considerado un dos principais nomes da arquitetura do século XX. Foi mestre da Bauhaus e un dos formadores do que se coñece por International style.
Mies van der Rohe posuía unha arquitetura sempre voltada co racionalismo espacial. A súa concepción dos espazos arquitectónicos envolvía unha profunda depuración da forma, voltada sempre ás necesidades do lugar. Ese minimalismo exprésase nunha das súas máis famosas frases: "Menos é máis."
Espazos abertos ou transparentes predominan nos seus proxectos, usando sempre materiais como o vidro e o metal.
Índice |
[editar] Formación
Mies van der Rohe naceu en Aachen, Alemaña no 27 de marzo de 1886. De novo, traballou na empresa de súa familia antes de viaxar a Berlín e xuntarse co estudio de Bruno Paul. En 1908 ingresa no estudio do proto-modernista Peter Behrens, do cal tornase un discípulo. Alí permaneceu ata 1912.
Os primeiros proxcetos de Mies amosaban a profunda influencia do antigo mestre: demonstraba control das novas posibilidades estruturais permitidas polo avance tecnolóxico e pregaba um novo tipo de clasicismo prusiano.
Co tempo, pasa a recibir influencias do neoplasticismo (formado en 1917) e do construtivismo ruso, o que fai xerminar nel o espírito modernista. O uso do metal e do vidro xa se tornan unha marca de súa arquitetura. Entre 1918 e 1925 participa no Novembergruppe (un grupo de arquitetos dedicados á propagación da arquitetura moderna.
[editar] Bauhaus
Xa ligado á nova arquitetura, van der Rohe é convidado a ensinar na Bauhaus, fundada polo colega Walter Gropius. En 1930 sucede Hannes Meyer na direción da escola, vese obrigado a mudar para Berlín debido ó cerco nazi en 1933.
É dese período seu proxecto máis famoso, o pavillón alemán da Feira Universal de Barcelona: unha estrutura bastante leve, sustentada por delgados pilares metálicos e constituído escencialmente de planos verticais e horizontais. Logo da exposición o pavillón foi demolido, mais a súa importância foi tal que voltou a ser construído na década de 1990 coma homenaxe ó arquiteto e símbolo do modernismo.
[editar] Estados Unidos
Coa persecución nazi cada vez máis forte, Mies vese obrigado a saír da Alemaña. Pasa a vivir nos Estados Unidos en 1937, destino común dos exilados alemáns. Neste país desenvolve pesquisas coma rañaceos e proxecta, xunto con Philip Johnson o edificio-sede da Seagrams (entón o edificio máis alto do mundo) en Nova York, considerado marco do funcionalismo. Neste proxecto, Rohe revoluciona o patrón construtivo novaiorquino ó deixar metade do terreo libre para uso público e converter o edificio nunha leve torre de vidro.
Proxecta tamén o Departamento de Arquitetura Instituto de Tecnoloxía de Illinois en Chicago, escola cuxo programa é desenvolvido por el e da cal se torna diretor.
Mies van der Rohe falece en Chicago, Illinois o 17 de agosto de 1969.
[editar] Principais proxectos
- 1926 - Monumento a Karl Liebknecht e Rosa Luxemburgo - Moscou, URSS
- 1927 - Colonia Weissenhoff - Sttutgart
- 1928 - Villa Lange - Krefeld
- 1929 - Pavillón alemán na Feira Universal de Barcelona - España
- 1930 - Villa Tungendhat - Checoslovaquia
- 1930 a 1956 - Campus do Illinois Institute of Technology - Chicago, EEUU
- 1945 - Residencia Farnsworth, EEUU
- 1958 - Edificio Seagram - Nova York, EEUU, 1958 (con Philip Johnson)