Lingua vehicular
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unha lingua vehicular é unha lingua, a miúdo simplificada, que serve de medio de comunicación entre poboacións de linguas diferentes. Opónse a lingua vernácula, falada localmente por unha poboación. As linguas litúrxicas desempeñan ás veces un papel tal en tanto que punto común lingüístico de comunidades multilingües unidas por unha mesma relixión.
[editar] Exemplos de linguas vehiculares
- O inglés na India, no mundo científico e no mundo dos negocios serve a miúdo de lingua vehicular. Na India, un papel tal foi desmpeñado anteriormente polo sánscrito, lingua litúrxica;
- o latín, na Antigüidade, servía, en competencia coa koiné grega, de lingua vehicular no seo dos pobos do Imperio Romano. Continuou, sobre todo na escrita pero non exclusivamente, a desempeñar este papel durante séculos en Europa ─ tanto máis canto que serviu por longo tempo de lingua litúrxica cristiá ─ no campo das ideas, das artes, das ciencias e das letras. Foi suplantada polas linguas vernáculas locais, entre elas o inglés, que cumpre un papel semellante hoxe;
- o swahili, en África, permite a comunicación entre os diferentes pobos de África do leste;
- a lingua común chinesa é a lingua vehicular e oficial en China;
- os pidgins serven de lingua vehicular nos entornos multilingües;
- o árabe, en tanto que lingua litúrxica, desempeña tamén un papel semellante no mundo musulmán.
- o esperanto e a interlingua foron inventados con este fin
[editar] Artigos relacionados
- Lingua vernácula;
- Lingua litúrxica;
- koiné;
- crioulo;
- pidgin;
- sabir.