Lince ibérico
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Lince ibérico | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||
Lynx pardinus | ||||||||||||
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos |
O lince ibérico é un animal carnívoro pertencente á familia dos felinos e semellante a unha versión do lince eurasiático, aínda que é menor que esta outra especie de lince. O lince ibérico é moito maior ca un gato doméstico. Este mamífero ten un aspecto robusto, unhas patas longas (polo que é un animal moi veloz) e unha cola curta que nos momentos de perigo ou excitación mantén erguida.
O lince ibérico garda gran parecido con outras especies de felinos, tales como o gato montés, o guepardo ou mesmo o puma.
Atópase exclusivamente en zonas moi restrinxidas de España e Portugal tales como áreas do bosque mediterráneo nas cales non hai actividade humana con abundantes matorrais.
É o único carnívoro especializado en coellos; tamén é un áxil cazador que vive de maneira solitaria e nómada. Móstrase de maneira máis sociable na época de celo, que comeza entre xaneiro e febreiro; alcanza a súa madurez sexual ó ano e medio de vida e chega a vivir sobre 10 e 15 anos.
Un grupo ecoloxista denunciou que o último gran felino en Europa, podería desaparecer se non se tomasen medidas de conservación do medio ambiente. Polo que é un animal que xa dende 1966 se declarou en perigo de extinción xa que pasou de ocupar gran parte da Península Ibérica a ocupar soamente zonas restrinxidas de Andalucía, Castilla-A Mancha, Extremadura, [[Castilla e León], Madrid e Portugal; polo que os núcleos máis importantes destos felinos atópanse en Serra Morena oriental e Doñana. Aproximadamente só quedan 300 animais vivos entre España e Portugal.
[editar] Alimentación
Caza á primeira hora da mañá e a última da tarde; localiza a presa coa vista e o oído. Ocúltase entre os matorrais, aproxímase cuidadosamente á presa e posteriormente lánzase sobre ela cun salto corto e rápido, para logo apresala nas garras.
No verán, ademais de coellos e lebres (a súa comida principal) aliméntase de aves e pequenos mamíferos. Mentres que no inverno, de cervatillos e muflóns, e tamén pode alimentarse de corzos, gatos monteses, lontras ou raposos.
[editar] Costumes
Soe vivir de maneira solitaria e nómada e a súa época máis sociable é a de celo, na que crean parellas ata que a femia queda embarazada. Os partos teñen lugar en primavera e as camadas non son moi numerosas (normalmente 3 fillos). As crías permanecen sobre medio ano xunta a nai e ó ano de idade deixan de vivir no territorio maternal.
[editar] Reprodución
O lince ibérico é un animal que vive só durante a maior parte do ano, polo que só mantén o contacto cos outros individuos da súa especie na época de celo que dura dous meses, na estación de inverno (xaneiro e febreiro). Nesta época os machos, cando xa está ben entrada a tarde, comezan a emitir unha serie de sons para atraer ás femias; cando o macho xa seduciu a femia constrúen as madrigueiras, que habitualmente están situadas en lugares protexidos e escondidos e onde despois a femia dará a luz e coidará aos seus cachorros despois de máis de dous meses de xestación. Xeralmente os linces femia soen parir entre dous e tres cahorros entre os meses de abril e marzo. A nai é a que soe quedar ao cargo das crías, e estas quedarán a vivir na mesma zona que ocupa a nai ata que cumpran o ano, despois do cal soen ocupar outra zona dun territorio cercano.