Gato montés
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Gato montés | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||
Felis silvestris | ||||||||||||
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos |
O gato montés ou gato bravo (Felis silvestris) é un mamífero carnívoro da familia dos félidos moi parecido ao gato doméstico.
A especie Felis Silvestris é a especia que habita en Europa, Felis silvestris libyca e a especie propia de África.
Índice |
[editar] Descrición
Como xa se mencionou, o gato montés é moi parecido ao gato doméstico, as diferenzas máis características son: o gato motés é meirande que o gato común, máis robusto, cunha cola grosa e peluda. A cabeza é máis ancha, as orellas son pequenas e os ollos de cor ámbar ou verdosos. A pelaxe grisácea, algo parda, con raias oscuras por todo o corpo menos no ventre, que é de cor branca pardusca, ás veces con manchas negras. A lonxitude da cabeza e do corpo está entre os 50 cm e os 80, e o rabo mide sobre os 25 cm e os 35. O seu peso é de 5 a 10 Kg. O gato montés ten unha media de vida entre os 6 e 12 anos.
[editar] Alimentación
O gato montés é un animal nocturno é solitario. Habita nos bosques e montes. É un animal carnívoro, que se alimenta de roedores, paxaros, anfibios, réptiles e algúns insectos. Estímase que ten unha necesidades alimenticias duns 500 gramos ao día.
[editar] Reprodución
O gato montés aparéase entre febreiro e marzo, é polígamo, polo que unha femia pode ser apareada por varios machos. A xestación dura entre 63 e 69 días, é en abril ou maio comeza a época de parto, a femia dá a luz no interior do tobo a unha camada de entre 1 a 8 cachorros, aínda que o habitual é de 3 a 4. Os gatiños ao naceren non abren os ollos ata os 10-12 días, e son amamantados durante 4 semanas. Aos 3-4 meses independízanse, aínda que seguen cazando coa nai unha temporada. Aos 10 meses alcanzan a madureza sexual, podéndose reproducir na seguinte temporada de celo.
[editar] Ameazado
- O gato montés está considerada unha especie en risco, unha das causas é que se está a mesturar co gato común.