Klemens Wenzel von Metternich
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Klemens Wenzel Nepomuk Lothar Fürst von Metternich-Winneberg-Beilstein (Coblenza 1773 – 1858) foi un político e diplomático austríaco.
Nado no seo da nobreza menor de Westfalia, estuda dereito na Universidade de Estrasburgo en 1790 entrou no corpo diplomático, casa en 1795 coa filla pequena do antigo chanceler austríaco Wenzel Anton Graf Kaunitz, nomeado embaixador en Berlín (1803), en París (1806), chanceler dende 1809, tentou unha política de aproximación a Napoleón Bonaparte para mudar despois a unha política de confrontación que acabou coa derrota de Napoleón. Presidiu o Congreso de Viena e dirixiu a vida política europea da primeira metade do século XIX, considerado un dos iniciadores da diplomacia europea.