John Cabot
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Giovanni Caboto (c. 1450 – c.1499), coñecido en Inglés como John Cabot, foi un navegador e explorador italiano. É considerador o primeiro europeo moderno en descubrir o continente Norteamericano en 1497.
Foi probablemente debido ás noticias do descubrimento das "Indias" por Cristovo Colón que se decidiu a encontrar unha ruta ao oeste por si mesmo. Foi cos seus plans a Inglaterra, porque pensou incorrectamente que as especias proviñan do norte de Asia; e o grado de lonxitude é máis curto canto máis alonxado se está do ecuador, así que o viaxe dende a Europa occidental á Asia oriental sería máis curta en latitudes elevadas.