Jane Goodall
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Bioloxía Jane Goodall (1934 - )
Primatóloga, etóloga e antropóloga nada en Londres o 3 de abril do 1934, estudou o comportamento social e familiar dos chimpancés no Gombe National Park en Tanzania. Fixo o recoñecemento da aprendizaxe social, o pensamento, actividade e cultura dos chimpancés salvaxes, a súa diferenciación dos bonobos e a inclusión de ambas especies co gorila como homínidos. Unha das súas maiores contribucións á primatoloxía foi o descubrimento do uso de ferramentas polos chimpancés: Observou que algúns exemplares introducían ramiñas nos furados dos termiteiros, co que algunhas termitas agarraban o pao coas súas mandíbulas e ó retirar o pao podían ser comidas polo animal. No seu método de estudo dos primates introduxo unha componente humana nomeando os animais en troques de asignarlles un número, práctica habitual ata entón.