Isadora Duncan
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Isadora Duncan (nada como Dora Angela Duncanon) (San Francisco, 1878 - Niza 1927) Artista e bailarina norteamericana, considerada a nai da danza moderna, morta no apoxeo da súa carreira como danzarina, afogada co fular collido pola roda dun coche e estirado ata afogala.
Filla dunha profesora de música, aos dez anos xa daba clases particulares de danza, posteriormente realizou xiras por Estados Unidos ata que a familia se estableceu en Nova York. En 1899 a familia trasládase a Europa, primeiro residen en Londres e dende 1900 en París, onde obtén grande éxito.