Intervalo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En teoría musical, chámase intervalo á distancia entre dúas notas. Os intervalos defínense partindo do nome das notas e da distancia en tons ou semitóns existente. Podemos falar de intervalos:
- ascendentes ou descendentes.
- melódicos ou harmónicos.
A maneira natural de determiñar un intervalo é:
- Segundo o nome das notas, comezando a contar na nota fundamental. Entre do e mi, habería un intervalo de terceira, porque sendo do a primeira nota, mi é a terceira. Análogamente, sol sería a terceira nota de mi.
- Pola distancia. A continuación expóñense os intervalos ascendentes:
- Segunda: Maior, un ton (do-re); menor, un semitón (do-reb); aumentada, un ton e medio (do-re#); diminuída, mesmo son (do#-reb).
- Terceira: Maior, dous tons (do-mi); menor, un ton e medio (do-mib); aumentada, dous tons e medio (do-mi#); diminuída, un ton (do#-mib).
- Cuarta: Xusta, dous tons e medio (do-fa); aumentada, tres tons (do-fa#); diminuída, dous tons (do#-fab).
- Quinta: Xusta, tres tons e medio (do-sol); aumentada, catro tons (do-sol#); diminuída, dous tons e medio (do#-solb).
- Sexta: Maior, catro tons e medio (do-la); menor, catro tons (do-lab); aumentada, cinco tons (do-la#); diminuída, tres tons e medio (do#-lab).
- Sétima: Xusta, cinco tons e medio (do-si); aumentada, seis tons (do-si#); diminuída, cinco tons (do-sib).
- Oitava: Xusta, cinco tons e dous semitons (do1-do2); aumentada, seis tons e medio (do1-do2#); diminuída, cinco tons e medio (do1#-do2b).
[editar] Intervalos compostos
Existen unha serie de intervalos maiores que a oitava, que en realidade gardan correspondencia cos intervalos da propia oitava:
- Novena: Un intervalo de Segunda unha Oitava por enriba da fundamental.
- Undécima: Unha Cuarta por enriba da Oitava.
- Decimoterceira: Unha Sexta por enriba da Oitava.
En rigor podería falarse de intervalos compostos de Décima, de Decimosegunda e de Decimocuarta. Nembargantes, os principios de harmonía da música occidental fan que se denominen igualmente Terceiras, Quintas e Sétimas, respectivamente.