Instrumento de vento
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os instrumentos de vento caraterízanse pola grande diversidade tímbrica que presentan. O son débese á vibración do aire dentro do tubo. Da maneira de introducir o aire dependerá a que subgrupo percencerá.
A altura do son depende de varios aspectos:
- Da lonxitude do tubo: canto máis longo sexa, máis grave será o son e viceversa.
- Algúns instrumentos poden aumentar ou diminuir a súa lonxitude, mediante pistóns,chaves...
- A presión do aire: canto maior sexa a presión, máis agudo será o son.
A familia de vento divídese en tres:
- Vento-madeira
- Vento-metal
- Vento con teclado