Imhotep
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Imhotep, Imouthes. Visir e arquitecto da primeira pirámide a Pirámide escalonada de Zoser (2.667-2.648 a.c.), da Dinastía III do Antigo Exipto.
Manetón otórgalle o mérito de introducir a arquitectura en pedra traballada. Asemade, suponse que redactou un certo número de obras das chamadas "Instrucións" (sebayt), ainda que ningunha delas chegase ata nos.
Pola súa gran sabiduría obtivo unha grande reputación, tanta que aproximadamente douscentos anos despois da súa morte aparecen as primeiras evidencias da súa deificación (algo moi raro no Antigo Exipto fora das figuras dos faraóns).
Considerado unha deidade vinculada a Sabiduría, escritura e medicina, emparentándose cos cultos dos deuses Ptath e Thot. Os gregos indentificarono co seu deus da medicina Asklepios ou Escolapio, e o seu centro de culto en Saqqara, o Asklepeion, convertiuse nun importante lugar de peregrinaxe para os enfermos, que lle ofrecían corpos momificados de Ibis ou réplicas en barro dos membros ou órganos enfermos.
A súa tumba aínda non se atopou aínda que algúns manteñen que puidera ser a mastaba 3518 de Saqqara (que carece de inscripcións).
Na Baixa Época é común velo representado en figuriñas de bronce coma un escriba sentado desenrolando un pápiro sobre os seus xeonllos.