Illas do Almirantado
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
As Illas do Almirantado (Admiralty Islands en inglés) é un grupo de 18 illas do arquipélago das Bismarck, en Papúa Nova Guinea. Ás veces chamadas Illas Manus, nome da illa maior. As illas forman a provincia Manus. Teñen unha superficie de 2102 km² e 32.713 habitantes. A principal cidade é Lorengau
[editar] Historia
As illas foron convertidas en protectorado alemán en 1880 e mandato australiano en 1920.
Os xaponeses ocuparon as illas durante a Segunda Guerra Mundial, en agosto de 1942 estableceron unha pequena base militar preto da vila de Rossum, na illa de Manus.
O 29 de febreiro de 1944 os aliados invadiron as illas durante a Operación Brewer, dirixida polo xeneral americano Douglas MaCArthur. Unha vez conquistadas construíron unha gran base militar Seedler Harbour, que tivo gran importancia nas operacións militares en Papúa Nova Guinea e as Filipinas.