Granada, España
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||||
Situación de Granada |
|||||
Comarca | Vega de Granada | ||||
Provincia | Granada | ||||
Comunidade Autónoma | Andalucía | ||||
Código postal | 18000 | ||||
Coordenadas - Latitude - Lonxitude |
n/d |
||||
Superficie | 88 km² | ||||
Altitude | 738 m | ||||
Distancia | 434 km de Madrid | ||||
Poboación - Total (2004) |
238.292 |
||||
Xentilicio | granadino / granadina | ||||
Ríos | Xenil, Beiro, Darro | ||||
Alcalde | José Torres Hurtado (Partido Popular) |
Granada é unha cidade española, capital da provincia homónima, no territorio histórico de Granada. Conta cunha poboación de 238.292 habitantes (01/01/2004) e de 450.000 na sua área metropolitana que se estiende pola Veiga de Granada. Está situada aos pés de Serra Nevada, na confluencia dos ríos Xenil, Darro e Beiro, cunha altitude media de 700 m sobre o nivel do mar. Ao bordo dunha fértil planicie, a Veiga de Granada, que está rodeada por tres macizos montañosos.
Índice |
[editar] Orixe etimolóxica
Foron os zirís os que no século XI trasladaron a capital de Medina Elvira até Medina Garnata, nome que lle foi dado en referencia á fruta do mesmo nome que abundaba naquela rexión.
[editar] Historia
[editar] Historia Antiga
Poboada desde tempos íberos (século VIII a.C.) segundo parece co nome Ilturir, ten contacto coa cultura de Tartesos e cos pobos Bastetanos. Consérvanse restos de murallas defensivas do século VI a. C. do asentamento que cambiou o seu nome por Iliberri, que se manten até a súa sumisión aos romanos en 193 a.C.. Os romanos chamáronlle Iliberis.
[editar] Idade Media
A cidade forma parte do Reino Visigodo de Toledo até que en 711, Tarik somete Iliberis. En 713 Abdelaziz conquista definitivamente o territorio despois de sofocar unha rebelión. En 740 hai unha rebelión dos bereberes africanos. Tropas sirias acoden a loitar contra eles. En España conseguen vencer os sirios. Outórganselles terras en varios lugares, entre outros en Elvira. En 756, a poboación moura definese no asentamento de dous núcleos (é a época do Emirato Independente): o Albayzín e A Alhambra.
Foi un importante centro urbano de Al-Andalus, formou parte do Califato de Cordoba como Madina Ilbira ou de Elvira. Coa chegada dos zirís no século XI, trasladase a cidade desde Medina Elvira —no chan— até Medina Garnata —nos outeiros—, o seu primitivo e actual emprazamento na aba do Albayzín.
En 1010 produciuse a destrución da cidade, feito que xa se coñece como Garnata. Sucede un período de continuas guerras civís por acadar o trono. En 1013 chega ao poder a dinastía dos zirís, fundada por Zawi ben Zirí, procedente de África. Continúan as guerras por conseguir o poder. En 1035 é xa un Reino de Taifas. En Granada a maioría son bereberes. Despois ven a dominación dos almorávides e hai moitas loitas internas. A pesar disto, o desenvolvemento continúa. En 1146 chaman na sua axuda, e para a loita contra os reinos cristiáns, aos almohades. Granada segue desenvolvéndose en boa medida. A batalla das Navas de Tolosa significa un desastre para os almohades e como consecuencia desenvólves unha grande anarquía. Até que no ano 1232 entra en Granada pola Porta de Elvira e para ocupar o Palacio do Galo do Vento (antiga casa real), Mohamed ibn Yusuf ibn Nâzar (ou Nasr), chamado Alhamar (o Roxo, porque tiña a barba de cor roxa). Funda a dinastía Nazarí e o Reino de Granada. Houbo 20 sultáns granadinos desta dinastía. O último foi Boabdil.
Granada converteuse nunha das cidades máis prósperas de Europa. Baixo o reinado de Alhamar construise o Palacio da Alhambra (non o que vemos agora porque o seu aspecto actual débese a Iusuf I e Mohamed V, século XIV).
No Albayzín vivían os artesáns e a nobreza. A poboación ocupou a parte máis baixa cara o sur, con grandes industrias, alfándegas e a "Madraza" (Universidade relixiosa e de ensinanzas coránicas).
No Realexo vivía o barrio xudío. Tiñan unha base sólida e económica. Estes tiñan o seu barrio granadino na banda esquerda do río Darro. Foron identificados como "Garnata al-Yahud". Cando chegaron os reis cristiáns, renomeárono co nome actual do Realexo. O máis significativo que ten o barrio é o Campo do Príncipe, mandado construir polos Reis Católicos para o gozo das festas do seu fillo "Juan", aínda que a súa vida foi curta e non se puido gozar nada.
[editar] Idade Moderna
[editar] Idade Contemporánea
[editar] Clima
O clima de Granada é mediterráneo continental. As temperaturas son frescas no inverno, con abundantes xeadas, e temperadas no verán, con máximas que sobrepasan moitas veces os 35ºC. A oscilación térmica é moi alta durante todo o ano superando moitas veces os 20º nun día. As precipitacións son escasas e prodúcense sobre todo nos meses máis fríos, presentando unha forte seca estival.
1971-2000 | xan | feb | mar | abr | mai | xuñ | xul | ago | set | out | nov | dec | Media |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Temp. máxima (ºC) | 13,0 | 15,3 | 18,6 | 20,1 | 24,6 | 30,0 | 34,4 | 33,9 | 29,4 | 22,7 | 17,2 | 13,5 | 22,8 |
Temp. mínima (ºC) | 0,3 | 1,8 | 3,4 | 5,6 | 9,0 | 12,9 | 15,2 | 15,0 | 12,4 | 8,2 | 4,2 | 1,8 | 7,5 |
Precipitacións (mm) | 41 | 38 | 30 | 38 | 28 | 17 | 4 | 3 | 16 | 42 | 48 | 56 | 357 |
As temperaturas máximas de Granada foron os 42,6º do 22 de xullo de 1995, 41,6º do 2 de agosto de 1988 e 41,5º do 27 de xuño de 2004. Canto á temperatura mínima, os -14,2º do 16 de xaneiro de 1987 e os -11,0º do 28 de xaneiro de 2005.
[editar] Cultura
En Granada encontramos a famosa Alhambra, unha fortaleza e palacio andalusí, declarada patrimonio da humanidade pola UNESCO en 1984, xunto co Xeneralife e o barrio do Albayzín. Esta riqueza histórica, fruto da triple influencia musulmá, xudía e cristiá, fan de Granada un importante centro turístico e cultural de España.
A Universidade de Granada, fundada por Carlos I en 1531, é unha das máis prestixiosas do país, e conférelle á cidade un ambiente estudiantil e a sua popular vida nocturna. Conta con case 60.000 estudantes (censo universitario das eleccións a reitor do ano 2003).
San Cecilio é o patrón da cidade de Granada. A sua onomástica é o 1 de febreiro. Foi bispo de Granada e mártir no século I.
[editar] Arte
A mediados do século XIII, cando Fernando III o Santo conquistou Córdoba e Sevilla, os artistas musulmáns refuxiáronse en Granada e norte de África. Os seus descendentes e a súa tradición deron forma ao estilo granadino que na Alhambra é a culminación da arte árabe norteña que non se realizou até mediados do século con Iusuf I e Mohamed V en 1333 e 1354. Granada non ten arte califal que sexa anterior aos alhamares.
[editar] Monumentos e lugares de interese
[editar] Alhambra
[editar] Albaicín
[editar] Cartuxa
[editar] Praza das Pasiegas
Está situada ao oeste da catedral, frente á sua fachada principal. O seu nome debese ás mulleres procedentes da comarca do Pas, en Cantabria, que chegaron durante o século XVII e que se reunían nese lugar para oferecer os seus servizos de nodrizas. Despois da guerra dos mouriscos e a súa expulsión, Filipe III concedeulles a estas xentes do norte de España, terras para repoboar a zona das Alpuxarras e Granada, lugares que naquel entón ficaran bastante desertos. É por isto polo que a maioría dos actuais granadinos procedan de galegos, cántabros, vascos, navarros e aragoneses, a diferenza dos andaluces occidentais, que son descendentes de leoneses, casteláns e manchegos.
[editar] Alcaldes
Por orde cronolóxica:
- Xosé Tripaldi Herrera (1923)
- Luis Fajardo Fernández (1934)
- Manuel Fernández Montesinos (1934-1936)
- Miguel del Campo Robles (1936-1938)
- Antonio Gallego Burín (1938-1940)
- Acosta Inglós (1940-1941)
- Antonio Gallego Burín (de novo, 1941-1951)
- Xoán Ossorio Morales (1951-1953)
- Manuel Sola Rodríguez-Bolívar
- Xosé Luis Pérez-Serrabona y Sanz
- Antonio Morales Souvirón
- Antonio Camacho (1979)
- Xoán Tapia Sánchez (1979)
- Antonio Jara Andreu (1979-1991)
- Xesús Quero Molina (1991-1995)
- Gabriel Díaz Berbel (1995-1999)
- Xosé Henrique Moratalla Molina (1999-2003)
- Xosé Torres Hurtado (Desde 2003)
[editar] Ver tamén
- Provincia de Granada
- Outros usos da palabra en Granada.
[editar] Ligazóns externas
- Concello de Granada
- Guía de Granada
- Información sobre Granada
- 'Granadacultural.info' Información sobre Granada, inclúe mais de 600 enlaces
- Granada en la red Portal de noticias, información e xeral sobre a cidade.