Francis Bacon (artista)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Francis Bacon (Dublín, 28 de outubro de 1909 - Madrid, 28 de abril de 1992) foi un artista plástico irlandés considerado un dos máis importantes e innovadores da segunda metade do século XX.
Este artista irlandés tratou cunha extraordinaria complacencia alguns temas que continúan a chocar a nosa vida en grupo. As fantasías masoquistas, a pedofilia, o desmembramento de corpos, a violencia masculina ligada á tensión homo erótica, as prácticas de disecación forense, a atracción pola representación do corpo (un especial fascinación polos fluidos naturais, sangue, bilis, urina, esperma, etc.) e, en xeral, con todo o que está directamente ligado á transgresión sexa relacionada co sexo, a relixión (son paradigmáticos os seus retratos do Papa Inocencio X que efectuou a partir da obra de Diego Velázquez) ou calquer tabú, foron as pezas coas cais Bacon construiu a súa visión "modernista" do mundo.
Naceu o 28 de outubro de 1909, en Dublín e sofría de asma. Esta debilidade irritaba a seu pai, un home rudo e violento, que o costumaba chicotear para o "facer home". Debido a isto Bacon criou un comportamento de oposición a seu pai. Un infancia difícil que sempre o influenciou na súa arte e lle inspirou un certo desdén por esa Irlanda da súa infancia, tal como Oscar Wilde e James Joyce.
A súa primeira exposición individual na Lefevre Gallery, en 1945, provocou un choque e non foi ben recebida. Toda a xente estaba farta de guerra e de horrores, só se falaba da "construcción da paz" e as imaxes de entrañas dos cuadros de Bacon, cos seus tons sanguíneos, provocaron máis repulsa que admiración.
Como home do seu tempo, Bacon transmitiu a idea de que o ser humano, ao conquistar e facer uso da súa propria liberdade, tamén liberta a besta que existe dentro de si. Pouca diferenza fai dos animais irracionais, tanto na vida - ao levar a cabo as funcións esenciais da existencia como o sexo ou a defecación - como na soedade da morte; representando o home como un anaco de carne.
A súa obra estivo en exposición, no Serralves, en 2003.