Marco:Fotos da NASA
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Dende a súa creación no 1958, a NASA ten collido unha morea de fotos da Terra, a Lúa, os planetas, e outros obxectos astronómicos no noso Sistema solar e fora del. Moitas delas (como as correspondentes ó programa Apolo ou ás varias misións a Marte) son literalmente únicas.
Baixo as leis de dereitos de coipa dos EEUU, os traballos creados polo goberno dos Estados Unidos ou as súas axencias non poden ter atribuídos dereitos de copia. (Isto non se aplica ós traballos creados ou establecidos por gobernos locais ou estatais, senón só polo federal). Polo tanto, as imaxes da NASA están legalmente no dominio público e son unha boa fonte de imaxes para a Wikipedia.
Nembargantes, de xeito consistente coas políticas da wikipedia e a NASA, a fonte de tales imaxes debe recoñecerse. Así, podes incluír o número de imaxe da NASA se o tes, o que por exemplo pode facilitar unha versión de máis resolución para unha actualización da wikipedia.
Cando accedas a fotos do espacio, asegúrate de que coñeces a fonte. As fotos non producidas pola NASA poden ter diferentes restriccións de uso.
As fotos están arquivadas nos diversos sitios web da NASA listados abaixo, e moitas poden ser atopadas na wikipedia (en particular, a relación de imaxes de dominio público na wikipedia inglesa).
[editar] Referencias
- Johnson Space Center arquivo de fotos do programa espacial estadounidense, e as súas liñas para uso das imaxes
- Centro de novas do Telescopio Espacial Hubble e a súa política de dereitos de copia
- Telescopio Espacial Spitzer (usado para descubrir o Sedna) no Jet Propulsion Laboratory da NASA, e a súa política de dereitos de copia
- Lista das imaxes de dominio público da Wikipedia