Forte de San Damián
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Castelo de San Damián. Situado a carón da ría de Ribadeo, o primitivo castelo foi construído a principios do século XVII polo Marqués de Cerralbo. Tres séculos máis tarde, ante o temor dun ataque dos franceses, foronlle retirados os canóns e o forte quedou abandoado, sendo posto en ruinas no 1719 polos ingleses e sobre os seus escombros levantouse a mediados do seculo XVIII (concretamente iniciaronse as construccions no ano 1744) un novo castelo deseñado polos enxeñeiros Vergel e Arrol. Que dispuxeron para esta construccion dos fondos aportados pola Real Facenda e as veciñas parroquias de Arante, Covelas, Vilaselán e Ove; e tamén das vilas de Ribadeo e Mondoñedo, capital da provincia por aqueles intres. Os canóns de gran calibre e, alguns de bronce, foron traídos de Sevilla e o seu coidado corría a cargo dos soldados e dos veciños, que tiñan que turnarse para face-las gardas. No ano 1774 tivo outras reformas, que non serviron de moito xa que no 1809 voou polos aires e posteriormente foi entregado ó Concello para a sua restauración. Na actualidade non se conserva máis que unha edificación de planta cadrada realizada en cachotería enfoscada cun gran patio amurallado, conformando todo un conxunto de planta poligonal. O muro que rodea o recinto contén numerosas seteiras. Así se antiguamente era utilizado para defende-la entrada da ría de Ribadeo ante posibles ataques polo mar. Foi declarado baixo a protección da Declaración Xenérica do Decreto do 22 de abril de 1949, e a Lei 16/1985 sobre o Patrimonio Histórico Español. Hoxe é Sala municipal de exposicións e constitúe o único exemplo de arquitectura militar de Ribadeo, ademais de dispoñer dun magnifico mirador sobre a ría; no seu entorno recuperouse o cargadoiro de mineral.