Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Estudo das orixes dalgún síntoma ou circunstancia: así existe unha etioloxía médica que busca as causas da enfermidade, o lugar do contaxio, o medio ou o transmisor para poder realizar unha diagnose ou diagnóstico, un tratamento epidemiolóxico ou un estudo sintomático.
- Hai tamén unha etioloxía mitolóxica que recrea as causas de que o mundo estea construído tal como está: por que a bubela ten a aparencia dun guerreiro con copete, e o bico coma unha lanza; por que a flor do narciso se comba cara abaixo; ou por que as plantas dos canavais botan ruído cando zoa o vento. Isto é a expresión dunha relación profunda do ser humano co que o rodea e un resto do pensamento animista dos primeiros tempos: a imaxinación inventa un relato para explicar a forma do mundo que o rodea. No mundo tradicional galego tamén existe unha cosmogonía de argumentación etiolóxica.
- sinónimo:ontoloxía