Escocia - Alba
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
Lema: Nemo me impune lacessit (Latín: Ninguén me provoca con impunidade) |
|||
Emplazamento da Escocia no Reino Unido |
|||
Lingua oficial | Inglés, Gaélico escocés, escocés |
||
Capital | Edimburgo | ||
Maior cidade | Glasgow | ||
Primeiro Ministro | Jack McConnell | ||
Área - Total - % auga |
Nº2 no Reino Unido 78,782 quilómetros cadrados 1.9% |
||
Poboación - Total (2001) - Densidade |
Nº2 no Reino Unido 5,062,011 64/km² |
||
Establishment | Kenneth MacAlpin, 843 | ||
Moeda | Libra esterlina (£) (GBP) | ||
Fuso horario | UTC, Summer: UTC +1 | ||
Patrón | Santo André | ||
TLD (Internet) | .uk1 | ||
Código telefónico | 441 | ||
(2) Compárteo coa Inglaterra, Gales e Irlanda do Norte. |
Escocia é unha das tres nacións presentes na illa de Gran Bretaña, que con Irlanda do Norte conforman o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte. Escocia limita ao sur coa Inglaterra, ao leste co Mar do Norte e ao oeste co Océano Atlántico.
Escocia comezou a unión coa Inglaterra no 1603, cando o Rei James VI de Escocia converteuse en James I de Inglaterra logo da morte de Elisabeh I. Esta unión formalizouse o 1 de maio do 1707 na Lei da Unión. O Parlamento Escocés aboliuse o 26 de marzo dese mesmo ano. A unión fundiu os dous Reinos, creando o Reino da Gran Bretaña, cun novo e único Parlamento emplazado en Westminster, Londres, aínda que algúns pormenores das Institucións Escocesas, maioritariamente do sistema legal, ficaron separados. No 1801, Escocia convértese nunha das catro nacións constituíntes do Reino Unido, xunto coa Inglaterra, Irlanda (máis tarde Irlanda do Norte) e Gales.
No 1999, o pobo escocés votou para a creación dun novo parlamento, establecido polo goberno do Reino Unido baixo a Acta de Escocia de 1998. Ao novo Parlamento Escocés déronlle poder para gobernar nunhas materias específicas e un pequeno poder sobre os impostos.
A extensión territorial de Escocia é a establecida polo Tratado de York no 1237, entre Escocia e Inglaterra, e o Tratado de Perth, no [1266]], entre Escocia e Noruega. Aínda que hai algunhas excepcións coma a Illa de Man, que é agora unha depedencia da coroa fóra do Reino Unido, Orkney e Shetland, que son máis escocesas que norueguesas, e Berwick-upon-Tweed, baixo as leis de Inglaterra pola Acta de Berwick e Gales no 1746.
O santo patrón de Escocia é Saint Andrew (Santo André), e celébrase o 30 de novembro. A relixión máis estendida é a Igrexa de Escocia (The Kirk), de tipo cristián presbiteriano, seguida polo catolicismo. E as linguas máis faladas son o inglés e mailo escocés.