Elio Donato
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Donato foi un gramático latino do século IV.
Dúas das súas obras, a Ars minor e a Ars maior ou Ars secunda, convertíronse nos manuais escolares por excelencia da Idade Media. Na Ars minor, Donato descrebe as oito partes do discurso en forma de pregunta e resposta. A Ars minor está dedicada aos "vicios" e "virtudes" do discurso.
Donato comentou tamén as comedias de Terencio e a Virxilio. Este último comentario chegou en parte directamente (o prefacio, a biografía e unha introdución ás Bucólicas) e en parte a través dos escolios de Mario Honorato Servio e de glosarios medievais.