Prisciano
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Prisciano (Cesarea, Mauritania, fins do século V) foi un gramático latino. Formouse e ensinou en Constantinopla.
Prisciano é coñecido especialmente polas súas Institutiones grammaticae, dezoito libros de exposición sistemática da gramática latina ricos en citas de poetas e prosistas latinos e gregos. Trata cuestións de fonética, formación léxica, conxugación e sintaxe. Tamén redactou outros textos sobre temas gramaticais, metrolóxicos e métricos e un panexírico de Anastasio I en 312 hexámetros, De laude imperatoris Anastasii.
As obras de Prisciano e de Donato influenciaron profundamente o ensino do latín e da gramática durante a Idade Media.