Dacca - ঢাকা
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Dacca (bengalí: ঢাকা) é a cidade capital de Bangladesh, a maior con diferenza do país e o seu centro absoluto: industrial, comercial, cultural, etc.
Sitúase no corazón do xigantesco e magnífico sistema fluvial que conforma o delta do Ganxes-Brahmaputra, na beira norte dun dos séus brazos, o Dhaleswari.
As súas orixes semellan datar do primeiro milenio máis non acada relevancia ata que o Imperio Mogol a elixe coma capital da provincia de Bengala no século XVII.
Dende a independencia de Bangladesh en 1971, o séu crecemento ten sido espectacular configurando unha das grandes aglomeracións do planeta. (Poboación da cidade según do censo de 2001: 5.629.806 h.)