Cronografía
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A cronografía consiste na descrición dunha época ou unha cultura a partir dos elementos físicos e espirituais que a caracterizan fronte a outra anterior ou posterior. É un estudo que implica contraposición diacrónica. Obxectos de uso frecuente, costumes e algúns acontecementos de gran repercusión social son as circunstancias que se mesturan nesta variedade descritiva.