Técnicas descritivas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nos textos literarios, por predominar o intuído sobre a impresión observada, son moi frecuentes as técnicas impresionista e expresionista.
- Impresionismo: A descrición impresionista vén a ser a arte de pintar por medio de recursos lingüísticos como frases en suspensión, reticencias, ausencia de verbos e conxuncións, frases breves, frecuentes demostrativos, oracións exclamativas e interrogativas, léxico sensorial en enumeracións plurimembres, reiteracións, concatenacións, rimas, sinestesias, adxectivación emotiva e cromatística, etc.
- O recoñecemento do impresionismo está en función da sensibilidade do lector, o cal ten que distinguir o contido e a súa mensaxe, a forma e os seus motivos. No impresionismo hai que deixar de ser mero lector e chegar a recrear, a ser coautor con personalidade e criterios propios da obra lida.
- Expresionismo: É máis rico de contido significativo, menos plástico e máis analítico.
- Prefire a abstracción de nomes concretos, usa neoloxismos, frases máis longas e o léxico é máis descritivo e intelectual ca sensorial.
- O discurso ten maior fluidez e hai predominio da mente sobre a afectividade. Conxuga con maior facilidade a forma realista e a imaxinativa e dá ó lector máis desgranada a mensaxe.