Conurbación de Florida
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nas últimas décadas, e de maneira acelerada, a península de Florida no estado homónimo dos Estados Unidos, estáse a converter no lugar de retiro do leste do país. Xa era un lugar de vacacións privilexiado pola súa situación subtropical entre o Atlántico e o Golfo de México.
A consecuencia inmediata deste "monocultivo" e a urbanización absoluta das suas costas cheas de praias nun continuo sen cesura dende os caios no extremo sur, pasando pola área de Miami, a máis importante de toda a rexión, na costa atlántica ata Fort Pierce e Vero Beach. Na costa oeste, o conglomerado urbano de Tampa-St.Petersburg alóngase polo sur por Sarasota, Port Charlotte, Fort Myers ata a área de Naples.
A unión dos dous continuos costeiros efectúase no centro da península coa área metropolitana de Orlando, de recente e espectacular crecemento, que a falta de praias, especializóuse en xigantescos parques de atraccións e temáticos (Disney World o máis senlleiro). Cara a Tampa, mediante as áreas intermedias de Lakeland-Winter Haven; cara o norleste, enlaza coa aglomeración costeira de Daytona Beach, o centro espacial JFK de Cabo Cañaveral e pola área de Melbourne-Palm Bay pecharía o círculo uníndose coa devandita área de Vero Beach.
No interior, separando os aglomerados costeiros, o parque pantanoso e protexido dos Everglades.
Conurbación de Florida:
- C Miami-Fort Lauderdale-West Palm Beach..............5.000.000
- C Port St.Lucie-Vero Beach........................................430.000
- C Tampa-St. Petersburg-Sarasota............................2.790.000
- C Fort Myers-Naples..................................................680.000
- C Lakeland-Winter Haven...........................................480.000
- AM Orlando............................................................1.600.000
- AM Daytona Beach-Deltona........................................430.000
- C Palm Bay-Melbourne-Titusville..................................480.000