Miami
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Miami é unha cidade da Florida, nos Estados Unidos da América. É a sede do condado de Dade. Ten preto de 350 mil habitantes, aínda que súa zona metropolitana posua 2.1 millóns, chegando á cinco millóns, cando se contan os condados viciños de Broward e Palm Beach. A actual cidade ten orixe nunha poboación criada no fín do século XIX, que prosperou co ferrocarril e o porto. Nos anos 20 do século XX Miami tornouse nun centro turístico.
Na cidade fálase, alén do inglés, o español, debido á cantidade de hispanoamericanos que viven en Miami. A rexión tamén conta cunha colonia xudea numerosa.
Miami é unha das cidades máis visitadas polos turistas nos Estados Unidos, frecuentadas polos snow birds, termo usado para descreber os habitantes da rexión norte dos Estados Unidos da América, que pasan o inverno neste estado (e principalmente nos arredores desta cidade), para fuxiren da neve e do frío; esta cidade é tamén coñecida por ter unha grande comunidade de exilados cubanos, principalmente concentrados na Little Havana.