Contrafagot
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O contrafagot é un instrumento musical de vento. Soa unha octava máis grave con respecto ó fagot. É un instrumento de son amplio e profundo que se usa para reforzar as liñas graves da orquestra e a miudo úsase para fundilo con trombóns. É o instrumento de son máis grave da orquestra, e escríbese para el en clave de fa.