Charles Schulz
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Charles Monroe Schulz (Minneapolis, 26 de novembro de 1922 - Santa Rosa, 12 de febreiro de 2000) foi un debuxante estadounidense, coñecido en todo o mundo polas tiras cómicas de Charlie Brown e do seu grupo. Pasou de ser un neno tímido ó que nada lle saía ben a converterse no debuxante que con máis ternura conseguiu amosar o lado oculto do soño americano.
Fillo dun barbeiro alemán, Carl, e dunha ama de casa, Dena, era un fillo tímido que foi alentado polos seus pais no debuxo xa que de pequeno matricularono nun curso por correspondencia dunha academia local. Cando fixo os 21 años alistouse no exército para ver se alí se facía un pouco máis duro e, efectivamente, dous anos despois, en 1945, era xa un soldado da 20º División Blindada que avanzaba co exército de liberación por Francia e Alemaña. O horror de todo o que viu nesa época volveuno máis escéptico co xénero humano.
De volta a casa, en 1948, creou unha historieta de nenos, xénero moi de moda por aquel entón, titulada Li'Folks. En 1950 conseguiu vendela para a súa comercialización ó gran sindicato United Feature co nome de Peanuts (Cacahuetes). Os seus personaxes tiveron grande éxito entre grandes e maiores, os primeiros debido á sinxeleza dos debuxos e os personaxes, e os segundos dada a mensaxe que cada un de dos personaxes escondía tras de sí.
O autor que estaba reflexado en cada un dos personaxes, Charlie Brown e Snoopy os que máis. Morreu de cáncer de colon no ano 2000.
Proba do éxito da súa obra son a portada de Time e de Life que protagonizaron os seus personaxes; que a NASA bautizará Charlie Brown ó módulo de mando do Apolo X e como Snoopy ó módulo lunar; que cando Ronald Reagan era gobernador de California, declárase o 25 de maio como día de Charles Schulz; o que o ministro de arte francés Jack Lang o nomease Cabaleiro da Orde das Artes e das Letras.