Charles Perrault
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Charles Perrault (París, 12 de xaneiro de 1628 - ide., 16 de maio de 1703) Escritor francés. Era irmán de Claude.
Naceu no seo dunha acomodada familia burguesa e protexido de Colbert. Asistiu ás mellores escolas e estudou dereito antes de iniciar unha carreira no servizo gobernamental. Tomou parte na creación da Academia das Ciencias e na restauración da Academia de Pintura. Foi secretario da Academia Francesa desde 1663.
En 1687 escribiu o poema O século de Luís o Grande e, en 1688, Comparación entre antigos e modernos, un alegato en favor dos escritores "modernos" e en contra dos tradicionalistas.
Aos 55 anos escribiu o libro Contos de mamá ganso. A súa publicación comezou a darlle fama entre os seus coñecidos e significou o comezo dun novo estilo de literatura: os contos de fadas. Para os seus relatos, Perrault recorreu a paisaxes que coñecía como o Castelo de Ussé para o conto de A Bela Dormente.
[editar] Publicacións
Moitas das historias de Perrault seguen publicándose hoxe en día e convertéronse en óperas, obras de teatro e películas. Algunhas das historias máis famosas de Perrault son:
- La Belle au bois dormant (A bela dormente)
- Le Petit Chaperon rouge (Carapuchiña vermella)
- Barbe Bleue (Barba Azul)
- Le Chat botté (O gato con botas)
- Cendrillon (Cincenta)
- Le Petit Poucet (Polgariño)