Bután - འབྲུག་ཡུལ
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Reino de Bután (འབྲུག་ཡུལ dru ü) é unha nación pequena e montañosa de Asia, localizada na cordilleira do Himalaia entre India e China. O nome local do país, Druk Yul significa “a terra do dragón de tronos”; pois segundo a tradición local, os tronos son o son dos ruxidos dos dragóns.
|
|||||
Lema nacional : Non ten | |||||
Lingua oficial | Dzongkha | ||||
Capital | Thimphu | ||||
Rei | Jigme Singye Wangchuck | ||||
Primeiro ministro | Lyonpo Yeshey Zimba | ||||
Superficie - Total - % auga |
Lugar nº 128 47.000 km² Insignificante |
||||
Poboación
- Densidade |
Lugar nº 139
45/km² |
||||
Independencia
- Recoñecida |
De India
(Ano) |
||||
Moeda | Ngultrum | ||||
Fuso horario | UTC +6 | ||||
Himno nacional | Druk tsendhen | ||||
Dominio Internet | .BT | ||||
Código telefónico | 975 | ||||
Membro de: SAARC, ONU |
[editar] Historia
No século XVII estableceuse na actual Bután unha teocracia budista.
En 1865, Gran Bretaña e Bután firmaron o Tratado de Sinchulu, baixo o cal Bután recibiría un subsidio anual a cambio de ceder algo de fronteiras. Baixo a influencia británica, estableceuse unha monarquía en 1907; tres anos despois, firmouse un tratado onde os británicos acordaron non interferir nos asuntos internos butanenses e Bután permitiu a Gran Bretaña dirixir os seus asuntos exteriores. Este rol foi asumido pola India independente despois de 1947. Dous anos despois, un acordo formal Indo-Butanés devolveu as áreas de Bután anexadas polos británicos, formalizou os subsidios anuais, e definiu as responabilidades da India na defensa e relacións exteriores.
[editar] Organización político-administrativa
Artículo principal: Organización político-administrativa de Bután
Bután está dividido en 20 distritos (dzongkhag, en singular e plural):
- Bumthang
- Chukha (pronunciación antiga Chhukha)
- Dagana
- Gasa
- Haa
- Lhuntse (pronunciación antiga Lhuntshi)
- Mongar
- Paro
- Pemagatshel (pronunciación antiua Pemagatsel)
- Punakha
- Samdrup Jongkhar
- Samtse (pronunciación antiga Samchi)
- Sarpang
- Thimphu
- Trashigang (pronunciación antiga Tashigang)
- Trashiyangste
- Trongsa (pronunciación antiga Tongsa)
- Tsirang (pronunciación antiga Chirang)
- Wangdue Phodrang (pronunciación antiga Wangdi Phodrang)
- Zhemgang (pronunciación antiga Shemgang)
[editar] Mapas e imaxes
Commons ten imaxes sobre Bután
Países do mundo | Asia |
Afganistán | Arabia Saudí | Armenia | Acerbaixán | Bahrain | Bangladesh | Brunei | Bután | Camboxa | Casaquistán | China | Corea do Norte | Corea do Sur | Emiratos Árabes Unidos | Filipinas | Xeorxia | Iemen | India | Indonesia | Irán | Iraq | Israel | Kuwait | Laos | Líbano | Maldivas | Malaisia | Mongolia | Myanmar | Nepal | Omán | Paquistán | Qatar | Quirguicistán | Singapur | Siria | Sri Lanka | Taxiquistán | Tailandia | Taiwán | Timor Leste | Turcomenistán | Turquía | Usbequistán | Vietnam | Xapón | Xordania |
Países con parte do seu territorio en Asia |
Categorías: Bután | Países | Asia