Braquigrafía
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Técnica da escrita que consiste en reducir o número de caracteres ou grafemas en comparación coas normas ortográficas habituais. Debido a isto, unha mesma palabra escrita braquigraficamente ten menos trazos e polo tanto escríbese máis rápido. Inda que é típico da sociedade contemporánea onde o tempo é ouro, non é exclusivo: xa na época medieval se reducían letras e mesmo palabras. Xa daquela non se escribía completamente a conxunción que, substituíndose con q, e en realidade a letra ñ ou as nasais escritas coma en portugués (ã e õ), proceden da simplificación das dúas letras de nn ou an e on nunha soa, ubicando o segundo n enriba da outra letra. Moito máis anteriores, existen acrónimos mesmo na época romana, como poden ser INRI ou SPQR. Outros coñecidos na época medieval e sobre todo despois son AMDG para os xesuítas, QED nos textos de ciencia ou a mesma arroba, signo utilizado para representar a unidade de medida homónima.
Os seus tipos principais son abreviatura, sigla e acrónimo. Nesta idea baseouse o que se deu en chamar taquigrafía