Bohrio (elemento)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Bohrio é un elemento químico da táboa periódica dos elementos que ten o símbolo Bh e o número atómico 107. É un elemento sintético. O seu isótopo máis estable é Bh-262 que ten unha vida media de 102 milisegundos.
[editar] Historia
Foi sintetizado en 1976 por un equipo soviético liderado por Y. Oganessian do Instituto de Investigación Nuclear situado en Dubna, o cal produciu o isótopo Bh-261 cunha vida media de 1-2 milisegundos (en datas posteriores déuselle unha vida media de arredor de 10 ms). Conseguírono bombardeando Bismuto-204 cun núcleo de Cromo-54.
En 1981 un equipo de investigación alemán dirixido por P. Armbruster e G. Münzenberg puido confirmar os resultados do equipo Soviético e producir Bohrio, concretamente Bh-262 de vida media superior.
Os alemáns suxeriron o nome de nielsbohrio en honor do físico danés Niels Bohr. Os soviéticos suxeriron que este nome se lle dera ó elemento 105, que finalmente recibiu o nome de Dubnio.
Houbo polémica sobre o nome que debían recibir os elementos con números atómicos comprendidos entre o 101 e o 109; debido a isto o IUPAC chamoulle unnilseptio (símbolo Uns) de forma provisional a este elemento. En 1994 un comité do IUPAC recomendou que o elemento 107 se chamara Bohrio. Isto concordaba cos nomes doutros elementos que recibiron o seu nome en honor a a persoas, onde só se tomaba o apelido, pero tiña en contra a moitos que pensaban que se podería confundir co Boro. Pese a isto, en 1997 recoñeceuse internacionalmente Bohrio coma o nome do elemento 107.