Axis I
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Na mitoloxía grega, Axis I (en grego antigo Ἆγις), rei lexendario de Esparta.
Fillo do Heráclida Eurístenes e de Anaxandra, convértese en rei de Esparta á morte de seu pai. Funda daquela a dinastía real dos Axíadas que, conxuntamente coa dos Euripóntidas, goberna a cidade.
Ten dous fillos, Equéstrato e Anficles, sendo o primeiro o que o suceda.
[editar] Fontes
- Pausanias: Descrición de Grecia III, 2; III, 16.
Esparta | ||
---|---|---|
Segue a: Eurístenes |
Axis I (-930--900) |
Precede a: Equéstrato |
Axíadas |