Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O australopithecus afarensis foi unha especie homínida que viviu hai entre 4 e 2'9 millóns de anos. O 24 de novembro de 1974 Donald Johanson e o seu equipo descubriu en Hadar, na Depresión afar un esquelete case completo dunha femia homínida de 3'18 millóns de anos, á que lle deron o nome de Lucy (AL 288-1), pola canción que escoitaban, Lucy in the Sky with Diamonds dos Beatles no momento de celebrar a descuberta. En 1978 denominaron á especie Australopithecus afarensis. As pisadas de Laetoli, dunha antigüídade de 3'7 millóns de anos, realizáronas individuos desta especie.
Ata o momento descubríronse restos duns 300 individuos, todos na rexión do Gran Val do Rift. O seu cerebro era pequeno (430 cc), semellante a un chimpacé, pero claramente bípede e con molares e dentes pequenos. A especie presenta un claro dimorfismo sexual, as femias tiñan unha altura de 1'2 m e 30 kg de peso e os machos 1'5 m e 45/50 kg. As extremidades superiores eran máis longas cás inferiores, o que lle daba un aspecto simiesco