Apócope
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Dise do fenómeno fonético ou fonolóxico consistente na eliminación dun son ou fonema na posición final dunha palabra ou secuencia fónica. Este fenómeno pode darse ó longo da historia da lingua ou diacronicamente en diferentes variedades diatópicas.
Un exemplo pode ser o paso de de grande a gran ou de Santo (usado en galego ante vogal: Santo Andrés de Teixido, Sant(o)-iago, Santo Antonio) a San (que en galego se usa ante inicial consoante: San Tomé e Príncipe, San Domingos de Bonaval). En castelán, pode darse tamén no caso de San (só ante consoante dental) ou ben no de tercero e primero preclíticos (cousa inexistente no galego).