Andy Warhol
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Andy Warhol (1928 – 1987) foi un pintor, director cinematográfico, publicista americano e unha das principais figuras do movemento coñecido como pop art.
Warhol naceu en Pittsburgh co nome de Andrew Warhola, de pais inmigrantes eslovacos, estudou arte comercial no Carnegie Institute of Technology (agora Carnegie Mellon University), graduouse en 1949 e marcha para Nova York, onde traballa como ilustrador e publicista para revistas como Vogue ou Harper's Bazaar. En 1962 principia as súas series de debuxos máis famosas, Campbell's e Coca Cola . En 1963 dirixe o seus primeiro filme, Sleep, de seis horas de duración.