Alfabeto armenio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Historia do alfabeto |
---|
Idade do Bronce Medio ss –XIX - -XV
|
Meroítico s. –III. |
Xenealoxía completa |
O alfabeto armenio foi creado segundo a lenda no ano 405 por San Mesrop Mašťoc. Permitiu así que o armenio se convertise nunha lingua escrita, o grabar. A Biblia foi o primeiro txto que se traduciu en grabar polo propio Mesrop Mašťoc. A forma máis antiga de escritura armenia, que foi utilizada ata o século XI, é coñecida baixo o nome de erkaťagir (isto é, letras de ferro). É a escritura coa que os armenios escriben a súa lingua, o armenio.
O alfabeto armenio conta con non menos de trinta e nove caracteres e, a diferencia das linguas semíticas utilizadas nos países veciños do leste e do sur do Cáucaso, posúe unha notación íntegra das vogais. Como estas letras so teñen unha posibilidade de lectura, o alfabeto armenio constitúe un instrumento de gran precisión fonética. Toma do grego vintedous sons aos que atribúe os seus propios signos e engade catorce signos destinados a notar sons extraños ao grego.
A escritura armenia, como a grega, coa que está parcialmente emparentada, posúe maiúsculas e minúsculas. As formas dos signos do alfabeto armenio están bastante inspiradas nas dos caracteres persas que daquela se empregaban en Armenia. Com este alfabeto parecía que era perfecto desde o principio, non ten sufrido modificacións ao longo dos séculos.
[editar] Características
Ao principio, o alfabeto estaba formado por unha soa serie de caracteres de tipo uncial (erkaťagir), que logo se convertiron nas maiúsculas do alfabeto moderno. Estas últimas, tamén chamadas « letras de ferro » vense hoxe completadas por unha serie de minúsculas (bolorgir ou letras redondas).
Cara ao fin da Idade Media apareceu unha escritura cursiva (notrgir), de uso en tipografía e que equivalía en uso á nosa itálica. Esta escritura, hoxe desusada, é reemprazada por outra con caracteres de aspecto ergueito, o aramian, do nome do seu creador.
O bolorgir, pola súa banda, ten evolucionado para se facer máis doado de ler, pero conservando o seu aspecto inclinado.
O armenio escríbese de esquerda a dereita.
Letra | Minúscula | Maiúscula | Tradución | Valor num. |
---|---|---|---|---|
Ayb | ա | Ա | a | 1 |
Ben | բ | Բ | b | 2 |
Gim | գ | Գ | g | 3 |
Da | դ | Դ | d | 4 |
Yech` | ե | Ե | e | 5 |
Za | զ | Զ | z | 6 |
Eh | է | Է | ē | 7 |
Ët` | ը | Ը | ə | 8 |
T`o | թ | Թ | t῾ | 9 |
Zhe | ժ | Ժ | ž | 10 |
Ini | ի | Ի | i | 20 |
Liun | լ | Լ | l | 30 |
Xeh | խ | Խ | x | 40 |
C'a | ծ | Ծ | c | 50 |
Ken | կ | Կ | k | 60 |
Ho | հ | Հ | h | 70 |
Dz'a | ձ | Ձ | j | 80 |
Ghat | ղ | Ղ | ł | 90 |
Cheh | ճ | Ճ | č | 100 |
Men | մ | Մ | m | 200 |
Yi | յ | Յ | y | 300 |
Nu | ն | Ն | n | 400 |
Sha | շ | Շ | š | 500 |
Vo | ո | Ո | o | 600 |
Ch`a | չ | Չ | č῾ | 700 |
Peh | պ | Պ | p | 800 |
Jheh | ջ | Ջ | ǰ | 900 |
Rra | ռ | Ռ | ṙ | 1000 |
Seh | ս | Ս | s | 2000 |
Vew | վ | Վ | v | 3000 |
Tiun | տ | Տ | t | 4000 |
Reh | ր | Ր | r | 5000 |
C`o | ց | Ց | č | 6000 |
Hiun | ւ | Ւ | w | 7000 |
P`iur | փ | Փ | p῾ | 8000 |
K`eh | ք | Ք | k῾ | 9000 |
Oh | օ | Օ | ō | 10000 |
Feh | ֆ | Ֆ | f | 20000 |
[editar] Signos de puntuación e de acento
Nome | Carácter |
---|---|
Pequena ligatura Ech` Wiwn (utilizada como &) | և |
Letras acentuadas | |
Modificador medio-anel esquerda | ՙ |
Apóstrofo = Modificador armenio medio-anel dereito | ՚ |
Marca de énfase de modificador = Shesht | ՛ |
Puntuación | |
Marca de exclamación = Bac`aganch`akan Nshan | ՜ |
Coma = Bowt` | ՝ |
Marca de interrogación = Harc`akan Nshan | ՞ |
Marca de abreviatura = Patiw | ՟ |
Punto = Verjhaket | ։ |
Guión = Ent`amnay | ֊ |
[editar] Armenio en Unicode
Os caracteres armenios en Unicode van de U+0530 a U+058F.
0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | A | B | C | D | E | F | ||
530 | Ա | Բ | Գ | Դ | Ե | Զ | Է | Ը | Թ | Ժ | Ի | Լ | Խ | Ծ | Կ | ||
540 | Հ | Ձ | Ղ | Ճ | Մ | Յ | Ն | Շ | Ո | Չ | Պ | Ջ | Ռ | Ս | Վ | Տ | |
550 | Ր | Ց | Ւ | Փ | Ք | Օ | Ֆ | ՙ | ՚ | ՛ | ՜ | ՝ | ՞ | ՟ | |||
560 | ՠ | ա | բ | գ | դ | ե | զ | է | ը | թ | ժ | ի | լ | խ | ծ | կ | |
570 | հ | ձ | ղ | ճ | մ | յ | ն | շ | ո | չ | պ | ջ | ռ | ս | վ | տ | |
580 | ր | ց | ւ | փ | ք | օ | ֆ | և | ։ | ֊ |