Agostiño de Hipona
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Santo Agostiño, Aurelius Augustinus (Tagaste, Numidia 354 - Hipona 430). Teólogo, filósofo e Doutor da Igrexa.
Fillo dun maxistrado pagán e de Santa Mónica, estudou retórica en Cartago, marchou a Roma e alí viviu de xeito licencioso e tivo un fillo, Adeocato. Adheríuse ao maniqueísmo, escepticismo e estoicismo. A lectura do Hortensio de Cicerón iniciouno na filosofía, a influencia da súa nai e as predicacións de Santo Ambrosio convertírono ao catolicismo (387), tomou os hábitos (391), regresou a África (395), onde foi bispo de Hipona (396) ata a súa morte. Na súa obra incorpora a filosofía clásica á doutrina cristiá; exerceu gran influencia no pensamento cristián.
As súas teses esenciais foron:
- Deus é o único fundamento proporcionado das verdades inmutábeis, que coñecemos por iluminación.
- Razón e fe compenétranse no coñecemento de Deus.
- O home é un ser dotado de interioridade.
- A teoloxía inmanente da historia é a instauración, no posíbel, do reino de Deus na terra.
[editar] Obras
- De inmortalitate animae, 387
- De doctrina christiana, 397-426
- Confessiones, 397-398
- De trinitate, 400-416.
- De civitate Dei, 413-426.