Agolada
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Agolada | |
---|---|
Situación | |
Xentilicio 1: | Agolense |
Xeografía | |
Provincia: | Pontevedra |
Comarca: | Deza |
Área: | 147,8 km² |
Entidades de poboación: | 24 |
Capital do concello: | Agolada |
Latitude e lonxitude: | 42° 45' N, 8° 1' O |
Altitude máxima: | Monte Farelo - 956 m. |
Altitude mínima: | +-300 m. |
Zona horaria: 2 | UTC + 1 |
Demografía (2004) | |
Poboación: | 3.678 hab. |
Densidade: | 24,88 hab./km² |
Uso do galego 3 (2001) | |
Galegofalantes sobre o total da poboación: | 98,94 % |
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos | |
Sempre: | 93,63 % |
Ás veces: | 4,93 % |
Nunca: | 1,43 % |
Política (2003) | |
Concelleiros 4: | PPdeG 7 (1402 votos - 55,59 %) BNG 1 (361 votos - 14,31 %) PSdeG-PSOE 0 (126 votos - 5 %) Outros: 3 (622 votos - 24,66 %) |
Alcalde: | Manuel Costa Casares (PP) |
Eleccións municipais en: 'Agolada' | |
Censo electoral (2003) | |
Total electores: | 3657 - 100 % |
Votantes: | 2530 - 69,18 % |
Abstencións: | 1127 - 30,82 % |
Votos en branco: | 11 - 0,43 % |
Votos nulos: | 8 - 0,32 % |
Orzamentos 5 (2000) | |
Total ingresos: | 2.453.605,43 € |
Tributos propios por habitante: | 47,49 € |
Transferencias por habitante: | 284,10 € |
Consumo público por habitante: | 173,89 € |
Gasto de capital por habitante: | 168,75 € |
Enderezos | |
Enderezo físico: | Praza do Concello, s/n |
Teléfono: | 986 788063 |
Fax: | 986 788190 |
Código Postal: | 36520 |
Correo electrónico: | golada@concellos.depontevedra.es |
Sitio web oficial: | - |
|
|
Notas: | 1 Véxase no Galizionario. 2 No verán: UTC + 2. |
Agolada é un concello da Provincia de Pontevedra pertencente á Comarca do Deza.
Limita cos concellos de: Palas de Rei, Antas de Ulla, Rodeiro, Lalín, Vila de Cruces e Santiso.
Poboación en 2004: 3.678 persoas segundo o Padrón municipal de habitantes (3.875 en 2003).
Xentilicio (véxase no Galizionario) : Agolense
Índice |
[editar] Xeografía
Agolada está situado no centro de Galicia, na punta noreste da provincia de Pontevedra, entre o río Arnego, a Serra do Farelo e o río Ulla.
O Monte Farelo, con 956 metros, e situado na Serra do Farelo, é o punto máis alto do concello. O Ulla, que fai de límite norte do concello, é o principal río do concello; en Brocos unéselle o río Arnego antes do comezo do encoro de Portodemouros; o seu outro afluente principal é o río Deza
O clima é oceánico interior, co inverno suave e o verán fresco. As precipitacións anuais son de 1.290 mm.
[editar] Historia
Atópanse numerosos restos do Megalítico, como o Monte das Mámoas, o Tesouro de Agolada, así como machados de pedra. Hai dous castros notorios, o castro de Buxel e o castro de Marcelín.
Desde o século VI, Agolada pertenceu ao Condado do Deza e até o século XIV pertenceu aos Condes de Deza, cando pasou aos Suárez de Deza, máis coñecidos como os Curruchaos. Máis tarde, estas terras pasaron a mans do Conde de Lemos, Pedro Enríquez de Castro.
[editar] Sociedade e economía
Evolución da poboación de: Agolada - desde 1900 ata 2004 - | ||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 |
4.794 | 6.432 | 7.003 | 4.786 | 3.678 |
Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
A economía do concello é eminentemente agraria, sector no que se ocupa o 60% da poboación. As terras máis fértiles, que se dividen en parcelas de tamaño medio superior ao doutras zonas de Galiza, atópanse no fondo dos vales, onde a pendente é menor, a uns 300 m. de altitude. Ademáis da agricultura de autoconsumo (millo, hortalizas, centeo e vide), comercialízanse neces, castañas, patacas e trigo.
Nas últimas décadas aumentou a cabana gandeira, nomeadamente vacas e porcos. Existe unha incipiente industria de transformación da madeira (aserradeiros).
[editar] Cultura
No Monte Farelo hai constancia da existencia noutro tempo de unha capela chamada de San Silvestre. Atópanse varias construcións notorias, ainda que en certo estado de ruína, como a fortaleza dos condes de Borraxeiros, do século XVI, a torre dos Vilar de Ferreirós, a casa de Quintela dos Arias Loureiro e a casa dos Traspenas.
[editar] Lugares de Agolada
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Agolada vexa: Lugares de Agolada.
[editar] Parroquias
[editar] Véxase tamén
Referencias relacionadas con Galicia |
||