Acheulense
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O acheulense ou achelense (de Saint-Acheul, Francia) é o nome dunha cultura de pedra do Paleolítico inferior asociada cos homínidos prehistóricos en África e gran parte de Asia e Europa durante unha liña de tempo que arrinca fai 600.000 anos e remata fai 150.000 anos. Caracterizouse polas machadas e puntas bifaces dun perfil moi regular.